Redactar un comentario dun artigo proporcionado polo profesor relacionado co tema que se trate na aula. Non se trata de facer un resumo da lectura senón unha análise crítica e establecer conclusións propias.
Obxectivos:
1. Relacionar o artigo coa materia impartida na aula
2. Capacidade de análise
3. Mellorar a capacidade de relación dos diferentes conceptos
4. Concienciar aos alumnos o carácter global dos conceptos tratados na materia.
5. Promover a reflexión
Habilidades:
1. Compresión lectora
2. Expresión escrita
Formato:
O comentario terá unha lonxitude aproximada de 200 palabras
Crea unha tarefa co seguinte enunciado:
Tarefa de lectura
Debes de ler a seguinte nova. Seguidamente debes de redactar un resumo da mesma empregando o procesador de textos. Finalmente debes de entregar a tarefa en formato pdf no prazo establecido.
1. Ler a nova: https://blog.atio.es/node/143
2. Redactar un comentario, resumo, conclusión, etc. empregando o procesador de textos Writer
Posible resposta: https://blog.atio.es/node/144
3. Imprimir a pdf
a. Empregando o conversor de writer
b. Imprimindo a pdf
4. Subir o pdf ao EVA