Procurar un artigo de prensa de actualidade relacionado co tema tratado. Aceptanse xornais e revistas de papel ou dixitais. A data da nova non seŕa máis antiga dos 6 meses. Seguidamente débese facer un comentario do artigo. Unha vez rematado o comentario débese de engadir un anexo coa ligazón á nova (no caso de ser dixital) e unha captura ou unha foto da nova orixinal.
O obxectivo da actividade non é facer un resumo da nova. Débese facer unha análise crítica e establecer conclusións propias.
Obxectivos:
1. Relacionar o artigo coa materia impartida na aula
2. Capacidade de análise
3. Mellorar a capacidade de relación dos diferentes conceptos
4. Concienciar aos alumnos o carácter global dos conceptos tratados na materia.
5. Promover a reflexión
Habilidades:
1. Compresión lectora
2. Expresión escrita
Formato:
O comentario terá unha lonxitude aproximada de 500 palabras
Creación da tarefa polo profesor
Enunciado:
Tarefa de investigación
Procura unha nova que teña unha antiguedade máxima de 6 meses relacionada coas Enerxías Alternativas. Seguidamente redacta una comentario da mesma, facendo unha análise crítica e relacionando cos contidos estudados nesta unidade.
O comentario estará formado por unhas 500 palabras. No mesmo ficheiro e na parte final debes de engadir un anexo coa ligazón da nova orixinal e unha captura de pantalla da mesma.
Data Límite: 10/12/2018 (non se poderá entregar fóra de prazo)
1. Procurar unha nova relacionada coa temática tratada.
2. Redactar un comentario empregando o procesador de textos Writer
3. Engadir a última folla un anexo. Neste apartado debe de aparecer:
- A url da páxina web na que aparece a nova
- Unha captura de pantalla da mesma
4. Imprimir a pdf
a. Empregando o conversor do Writer
5. Subir o pdf ao EVA