Por mor da configuración do formato por defecto do curso, o Formato Menú, cando engadimos los libros dunha editorial ao curso, a sección 0 queda configurada como oculta, así como os seus contidos: novidades, programación e índice de contidos. Deste xeito os alumnos non poden visualizar esta información.

Aínda que o profesor active a visualización calquera destes elementos da sección 0, o alumno continuará sen poder consultalos. Debido a esta característica, o profesor non debe de empregar a sección 0 para aquela información que é necesario que sexa mostrada ao alumnado.

Sen embargo é moi importante na aula virtual que o docente empregue o apartado de Novidades, que funciona como un taboleiro informativo. É un dos elementos que o docente emprega (xunto co calendario), para comunicar aos alumnos as diferentes tarefas a realizar, entre las os exames. Por iso, o recurso Novidades débese de mover á sección 1 e ademais activalo. Pero ademais, para que non quede dentro dunha  sección con elementos dunha unidade didáctica, é conveniente arrastrar unha sección non empregada, e poñela como sección nº1.