Cando un docente ten varios grupos dun mesmo curso, por exemplo Matemáticas 1ºA, 1ºB, 1ºC e 1ºD, desde Sistemas e en base á información recollida en Xade, crearánselle 4 cursos diferentes, un para cada grupo de alumnos. Sen embargo, resultaralle moi laborioso manter os contidos, recursos e tarefas dos 4 cursos. Para simplificar este proceso, a solución consiste en crear un curso de maneira manual, matricular aos alumnos dos 4 grupos neste curso e finalmente dentro dentes curso Moodle, crear (se se desexa), os 4 grupos.

PASO 1. Creación dun curso

Engadimos unha materia nun curso dun centro, tal e como se explica na presentación inserida nesta páxina. Sen embargo, na configuración da materia debemos de configurar a opción de grupos.

 

PASO 2. Matricular ao alumnado

A matriculación do alumnado de todos os grupos na materia podémola facer de forma manual, ou ben, empregando a automatriculación, tal e como se explica na seguinte presentación. Resulta moito máis cómodo para o docente que os alumnos se automatriculen no curso, tal e como se explica a partir da folla nº8 da anterior presentación.

PASO 3. Crear os grupos e agrupamentos.

O primeiro que o docente debe de facer é crear os grupos. Para iso debe de dirixirse ao bloque de administración > usuarios >grupos

 

a. Creación dos grupos

Neste exemplo creáronse tres grupos

b. Engadir usuarios ao grupo

 

c. Creación dos agrupamentos

No caso de desexar crear tarefas independentes para cada grupo, o docente debe de crear tantos agrupamentos como grupos. En cada agrupamento inserirá cadanseu grupo. Tamén pode resultar de utilidade crear un agrupamento con todos os grupos, aínda que por defecto se o profesor á hora de publicar un recurso ou tarefa, se non selecciona ningún agrupamento, esta información será común para todos os grupos.

d. Inserir os grupos nos agrupamentos

PASO 4. Publicar contidos para un agrupamento específico

Tanto os libros como calquera recurso como as tarefas poderánse configurar para un agrupamento específico. É dicir, os alumnos que pertenzan a ese grupo para o cal se publica, poderán visualizar os contidos, fronte aos demais alumnos que non poderán visualizalo.

a. Libros dixitais

b. Tarefas